Uncategorized

Ruta da Pedra e do Auga

Ruta da Pedra e da Auga

No vindeiro venres 20-6-14 faremos unha saída para despedir este curso. O lugar elixido é “A ruta da pedra e da auga” no concello de Ribadumia.

Tamén celebraremos o “Día do medio ambiente”,  polo que  aproveitaremos a nosa marcha para facer unha recollida de lixo e así colaborar no coidado do medio ambiente.

Pola tarde relaxarémonos na praia de Portonovo.

¡Feliz dia para todos/as!

Apórtanse unha serie de datos e consellos, para que  o noso goce sexa completo:


A ruta discorre polas marxes do río Armenteira no seu paso polos concellos de Ribadumia e Meis na comarca do Salnés e o seu trazado permite gozar da contorna natural e coñecer diferentes muíños de auga, fontes e lavadoiros en distintos estados de conservación.

M01-Molino-de-Chantada119331303992873356  L01-Lavadoiro-da-Ponte-dos-Carros119331303993001021
Punto de partida
Rotonda de Barrantes na parroquia San Andrés de Barrantes do Concello de Ribadumia

Rotonda-estrada-Armenteira  Inicio-Ruta119331303992643431 - copia
Punto de chegada
Mosteiro de Armenteira na parroquia de Santa María de Armenteira do Concello de Meis

ruta 3
Percorrido
A Ruta da Pedra e da Auga transcorre polas marxes do río Armenteira no tramo comprendido entre a Rotonda de Barrantes na parroquia de San Andrés de Barrantes (Concello de Ribadumia) e o Mosteiro de Armenteira na parroquia de Santa María de Armenteira (Concello de Meis).

PIC_3658  PIC_3655
Tramos
Tramo 1: Ruta dos Muíños de Barrantes (do inicio ata a rotonda da PO-9405 á saída da AG-41)
Tramo 2: Ruta dos Muíños de Meis (desde a rotonda da PO-9405 na saída da AG-41 ata a Aldea Labrega).

Tramo 3: Ruta  do río Armenteira (desde a Aldea Labrega ata o Mosteiro de Armenteira).

 

Material recomendado


A vestimenta máis adecuada é aquela que sexa lixeira, ampla e que permita liberdade de movementos.

Non esquezas un gorro, lentes de sol e protección solar.

 

O calzado é o máis importante para o sendeirista. Utiliza calzado cómodo  e calcetíns do teu tamaño sen costuras nin relevo.
Sempre é bo axudarse, na marcha, dun apoio ou bastón para evitar caídas ou escordaduras de nocello.
É conveniente levar alimentos de fácil asimilación (froitos secos, barriñas de chocolate ou enerxéticas, etc.).
Non esquecer nunca en calquera marcha levar auga para hidratarse, aínda que haxa no percorrido.

 total distancia duración desnivel dificultade auga
6.530 m 1 h 57′ 267 m Media Si
Tramo 1 1.000 m 16′ 17 m Baja Si
Tramo 2 1.100 m 19′ 35 m Baja Si
Tramo 3 4.430 m 1 h 22′ 215 m Media Non

 

PIC_3698     PIC_3693     PIC_3689    PIC_3688    PIC_3694    PIC_3698    PIC_3696    PIC_3695    PIC_3692     PIC_3686  PIC_3685

Advertisements

2 opiniones sobre “Ruta da Pedra e do Auga”

  1. UAU! COMO PINTA.
    GRACIÑAS LUIS POR ILUSTRARNOS DESTA MANEIRA TAN CLARA.
    ÁNIMO, RAPAZADA!!! QUERO VER QUEN CHEGA ANTES Á META!!!!! EU XA SEI QUEN. POR SUPORTO: EEEUUU!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.