Colexio Fillas de María Inmaculada

Advertisements

É bo saber que:

O TEU CEREBRO “ENGORDA” CANDO APRENDES UN IDIOMA.

Coñecer o que sucede no cerebro cando aprendemos un segundo idioma é unha tarefa fascinante na que os neurocientíficos levan anos mergullados. Un dos primeiros aspectos que observaron sobre este fenómeno foi que os nenos que aprenden unha segunda lingua incorporan ambos os idiomas na mesma rexión, mentres que os adultos temos que empregar outra zona adxacente para a nova tarefa. E as probas apuntan a que coñecer un segundo idioma – ao formar parte da reserva cognitivia – atrasa os síntomas de enfermidades dexenerativas como o alzhéimer.

A última aproximación a estes cambios fixérona un equipo de investigadores da Universidade de Umeå , en Suecia, quen acaban de estudar o que pasaba no cerebro de 853 persoas durante tres meses nos que aprenderon un idioma de forma intensiva. Para observar o que sucedía nas súas neuronas, os científicos tomaron imaxes con resonancia magnética funcional ao principio e ao final do proceso e compararon os resultados.

Segundo revelan na prestixiosa revista Neuroimage, o equipo de Johan Mårtensson observou que os cerebros daquelas persoas que aprenderan o idioma con menos dificultade aumentara de tamaño en determinadas zonas como o hipocampo e outras tres áreas da cortiza cerebral. “Sorprendeunos que diferentes partes do cerebro se desenvolvesen en distintos graos dependendo do ben que se lles deu aos estudantes e canto esforzo puxesen durante o curso”, asegura Mårtensson. Os estudantes que tiñan problemas co idioma, pola contra, presentaban cambios nunha área da cortiza motora, relacionada co movemento.

Unha parte interesante deste traballo é que apunta a que podería haber diferenzas morfológicas entre aqueles que aprenden un idioma como esponxas e os que o teñen que deixar por imposible. En traballos anteriores, como contan en The Guardian, viuse como os xaponeses, por exemplo, teñen unha dificultade extrema á hora de distinguir fonemas como a L e a R, posto que deben reconfigurar as súas conexións neuronais. Coñecendo estas dificultades, puidéronse deseñar programas que esaxeran moito as diferenzas nos sons e axudan a superar esta dificultade aos estudantes.

Outros traballos, como o de Kara Morgan-Short, serviron para comprobar que os adultos tamén poden aprender un idioma por inmersión, como sucede cos nenos, e para acabar con outros lugares comúns ou equívocos sobre a aprendizaxe de idiomas. Mediante este tipo de estudos, aseguran os autores, pódense coñecer mellor os cambios cerebrais que produce unha segunda lingua e deseñar estratexias para facelo máis fácil.

Middle Frontal Gyrus = Xiro (ou circunvolución)medio frontal

Inferior Frontal Gyrus

Superior Temporal Gyrus

Hippocampi = hipocampo (parte do cerebro)

Cortex = cortiza cerebral

Volume               Intérpretes

Thickness= Grosor

Controis

Advertisements

Advertisements