Colexio Fillas de María Inmaculada

O Apalpador ou Pandigueiro

Advertisements

O Apalpador é un vello xigante, de oficio carboeiro, que vive nas altas montañas. Usa boina, casaco esfarrapado e remendado, fuma en pipa, e aliméntase de landras e xabaríns. Polo Nadal baixa ás aldeas para achegarse aos nenos e ás nenas que durmen. Caladiñamente, apálpalles as barrigas para ver se os rapaces están ben alimentados. De teren a barriga chea, di: “Así, así esteas todo o ano”. Logo de desexarlle que no ano vindeiro non pasen máis fame, marcha deixándolles castañas quentes.

É unha tradición das comarcas do Courel e do Cebreiro. Nas serras de Manzaneda, Queixa e Invernadorio, en Ourense, chámase Pandigueiro

Advertisements

Advertisements