Colexio Fillas de María Inmaculada – Vigo

Inicio » CICLO “Actividades Comerciais” » CFGM “ACTIVIDADES COMERCIAIS ”

CFGM “ACTIVIDADES COMERCIAIS ”

INFORMACIÓN

Familia: Comercio e márketing
Sistema educativo: LOE
Grao: Medio
Horas: 2000
Código: MCOM01

 

Que se aprende a facer?
Desenvolver actividades de distribución e comercialización de bens e/ou servizos, e en xestionar un pequeno establecemento comercial, aplicando as normas de cali-dade e seguridade establecidas e respectando a lexislación.

 

En que ámbitos se traballa?
En calquera sector produtivo dentro da área de comercialización ou nas seccións de establecementos comerciais, realizando actividades de venda de produtos e/ou servizos a través de diversas canles de comercialización, ou ben realizando funcións de organización e xestión do seu propio comercio.Trátase de traballadores e traballadoras por conta propia que xestionan un pequeno comercio ou unha tenda tradicional, ou por conta allea que exercen a súa actividade nos departamentos ou nas seccións de comercialización de calquera empresa ou organización, en diversos subsectores: en establecementos comerciais pequenos, medianos ou grandes, traballando por conta allea en diferentes seccións comerciais; na comercialización de produtos e servizos por conta propia e allea, fóra do establecemento comercial; no departamento comercial de pequenas e medianas empresas (PME) e empresas industriais;
no departamento de atención á clientela e ás persoas consumidoras e usua-rias de organismos públicos; en empresas industriais e comerciais grandes e medianas; no sector do comercio polo miúdo.

 

Que ocupacións desempeñan?
Vendedor/ora; vendedor/ora técnico/a; representante comercial; orientador/ora comercial; promotor/ora; televendedor/ora; vendedor/ora a distancia; teleoperador/ora (en “call centers”); axente de información e atención á clientela; caixeiro/a ou repoñedor/ora; operador/ora de “contact centers”; administrador/ora de contidos en liña; comerciante de tenda;  xerente de pequeno comercio; técnico/a en xestión de existencias e almacén; xefe/a de almacén; responsable de recepción de mercadorías; responsable de expedición de mercadorías; técnico/a en loxística de almacéns; técnico/a de información e atención á clientela en empresas.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Módulos profesionais Horas
Aplicacións informáticas para o comercio 133
Dinamización do punto de venda 160
Formación e orientación laboral 107
Inglés 160
Marketing na actividade comercial 160
Procesos de venda 160
Xestión de compras 80
Comercio electrónico 123
Formación en centros de traballo 410
Servizos de atención comercial 87
Técnicas de almacén 123
Venda técnica 123
Xestión dun pequeno comercio 174

Nota: Os módulos en negra están asociados a algunha unidade de competencia.

Que título se obtén?
Técnico en Actividades Comerciais.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: