Colexio Fillas de María Inmaculada

Hixiene bucodental

Advertisements
Familia: Sanidade
Sistema educativo: LOE
Grao: Superior
Horas: 2000
Código: SSAN09

Que se aprende a facer?
Promover a saúde bucodental das persoas e da comunidade, mediante o de-senvolvemento de actividades preventivas e técnico-asistenciais que inclúen a exploración, a avaliación, a promoción e a realización de técnicas odontolóxicas en colaboración co/coa odontólgo/a o/a médico/a estomatólogo/a. Como membro dun equipo de saúde bucodental realizará a súa actividade profesional con criterios de calidade, seguridade e optimización de recursos.

Aula taller do ciclo de Hixiene Bucodental.

Onde se realiza o traballo?
No sector sanitario público e no privado, na área de atención sanitaria e promoción da saúde, formando parte de equipos estruturados de saúde bucodental, de equipos de atención primaria, nas unidades de promoción da saúde, e en consultas ou gabinetes dentais privados. Poden integrarse nun equipo de prevención e atención sanitaria, coordinado por un/unha facultativo/a. Desenvolven funcións de organización e xestión na unidade ou no gabinete dental de traballo, prestan servizos asistenciais e preventivos á comunidade e controlan a súa calidade a través de actividades de vixilancia epidemiolóxica e de educación sanitaria. A súa actividade profesional está sometida a regulación pola Administración competente.

O alumnado do noso centro visitanto o centro clínico Mariñas.

En que postos de traballo?
Técnico/a superior en hixiene bucodental. Técnico/a especialista hixienista dental. Hixienista bucodental. Educador/ora en saúde bucodental.

Cales son os módulos deste ciclo?

*En negriña, os módulos asociados a unidades de competencia

Alumnado do ciclo de Hixiene Bucodental participa nunha campaña de concienciación polo lavado de mans.
Que título se obtén?

Técnico superior en hixiene bucocental

Advertisements

Advertisements