Exercicios de mediación comunicativa.
CICLO DE GRAO SUPERIOR DE MEDIACIÓN COMUNICATIVA, Uncategorized

Mediación comunicativa

A primeira promoción do CFGS de Mediación Comunicativa xunto á asociación DisCamino.
A primeira promoción do CFGS de Mediación Comunicativa xunto á asociación DisCamino.

Familia: Servicios socioculturais á comunidade

Sistema educativo: LOE
Grao: Superior
Horas: 2000
Código: SSSC04

Que se aprende a facer?
Desenvolver intervencións de mediación comunicativa para persoas xordas, xordocegas e con discapacidade auditiva, que sexan usuarias da lingua de signos española, ou con dificultades de comunicación, linguaxe e fala; así como programas de promoción das persoas xordas e xordocegas usuarias da lingua de signos española, e de sensibilización social, respectando a idiosincrasia das persoas usuarias.

Unha das nosas alumnas realiza un proceso de mediación cun integrante de DisCamino.
Unha das nosas alumnas realiza un proceso de mediación cun integrante de DisCamino.

Onde se realiza o traballo?
No sector dos servizos ás persoas xordas, xordocegas, con discapacidade auditiva e con dificultades de comunicación que sexan usuarias da lingua de signos española. Estes servizos recollen os ámbitos asistenciais, educativos, sociolaborais, psicosociais e de apoio nas xestións básicas. Tamén exercen a súa actividade no sector dos servizos á comunidade, nos ámbitos da dinamización comunitaria e na promoción de igualdade de oportunidades con estes colectivos de persoas.

O noso alumnado realiza unha obra de teatro para nenos usando lingua de signos.
O noso alumnado realiza unha obra de teatro para nenos interpretando lingua de signos.

En que postos de traballo?
Axente de desenvolvemento da comunidade xorda. Técnico/a en promoción, atención e formación a persoas xordas. Axente dinamizador/ora da comunidade xorda. Mediador/ora social da comunidade xorda. Axente de desenvolvemento da comunidade xordocega. Axente dinamizador da comunidade xordocega. Mediador de persoas xordocegas. Asistente de persoas xordocegas. Mediador de persoas con dificultades de comunicación.

Cales son os módulos deste ciclo?

Currículo do Ciclo Superior de Mediación Comunicativa
Que título se obtén?
Técnico superior en mediación comunicativa

As nosas profesoras de Mediación Comunicativa na presentación do Congreso FECORA
As nosas profesoras de Mediación Comunicativa na presentación do Congreso FECORA

As competencias profesionais, persoais e sociais do título de técnico superior en Mediación Comunicativa son as que se relacionan:

 

  1. Elaborar programas de integración social de persoas con dificultades de comunicación, linguaxe e fala, aplicando a normativa legal vixente e incorporando a perspectiva de xénero.
  2. Establecer as pautas de actuación nos programas de intervención, aplicando técnicas e instrumentos de recollida de información.
  3. Asesorar e sensibilizar individuos, colectivos e institucións sobre as persoas xordas, xordocegas e con discapacidade auditiva e de comunicación, empregando técnicas e medios de comunicación social.
  4. Comunicarse en lingua de signos española coas persoas que sexan usuarias de esta lingua, utilizando con precisión os seus elementos lingüísticos, para garantir a coherencia discursiva.
  5. Promover a comunicación das persoas con dificultades de comunicación, linguaxe e fala, seleccionando sistemas alternativos e aumentativos, e medios de apoio de comunicación oral.
  6. Adaptar a comunicación á persoa usuaria, considerando as variacións na súa situación persoal e no ámbito comunicativo.
  7. Promover a autonomía das persoas xordas, xordocegas e con discapacidade auditiva e de comunicación na realización de xestións básicas, facilitando a comunicación co seu contorno.
  8. Posibilitar a comunicación entre persoas xordas, xordocegas, con discapacidade auditiva e dificultades de comunicación que sexan usuarias da lingua de signos e as oíntes.
  9. Realizar o acompañamento ás persoas xordocegas, aplicando técnicas de guía-vidente e adaptando a forma comunicativa á situación.
  10. Organizar e pór en marcha programas de intervención comunicativa, educativos, formativos e de integración social para persoas con dificultades de comunicación, linguaxe e fala
  11. Realizar intervencións dirixidas a previr e paliar situacións de illamento comunicativo nas persoas xordas, xordocegas e con discapacidade auditiva e dificultades de comunicación.
  12. Realizar intervencións de mediación comunicativa, optimizando a aplicación das axudas técnicas de acceso á información e apoio á comunicación, e comprobando a súa funcionalidade.
  13. Avaliar programas de comunicación e integración social aplicados ás persoas con dificultades de comunicación, linguaxe e fala, valorando a súa pertinencia e adecuación á persoa usuaria.
  14. Aplicar protocolos establecidos en materia de primeiros auxilios en situacións de accidente o emerxencia
  15. Manter relacións fluídas coas persoas usuarias e as súas familias, cos membros do grupo de traballo e con outros e outras profesionais, amosando habilidades sociais e achegando solucións aos conflitos que xurdan.
  16. Adaptarse ás novas situacións laborais, mantendo actualizados os coñecementos científicos, técnicos e tecnolóxicos relativos ao seu ámbito profesional, xestionando a súa formación e os recursos existentes na aprendizaxe ao longo da vida, e utilizando as tecnoloxías da información e da comunicación.
  17. Resolver situacións, problemas ou continxencias con iniciativa e autonomía no ámbito da súa competencia, con creatividade, innovación e espírito de mellora no traballo persoal e no dos membros do equipo.
  18. Organizar e coordinar equipos de traballo con responsabilidade, supervisando o seu desenvolvemento, mantendo relacións fluídas, asumindo o liderado e achegando solucións aos conflitos grupais que se presenten.
  19. Comunicarse con iguais, superiores, clientela e persoas baixo a súa responsabilidade, utilizando vías eficaces de comunicación, transmitindo a información ou os coñecementos adecuados, e respectando a autonomía e a competencia das persoas que interveñen no ámbito do seu traballo.
  20. Xerar ámbitos seguros no desenvolvemento do seu traballo e no do seu equipo, supervisando e aplicando os procedementos de prevención de riscos laborais e ambientais, consonte o establecido pola normativa e os obxectivos da empresa.
  21. Supervisar e aplicar procedementos de xestión de calidade e de accesibilidade e deseño universais nas actividades profesionais incluídas nos procesos de produción ou prestación de servizo.
  22. Realizar a xestión básica para a creación e o funcionamento dunha pequena empresa, e ter iniciativa na súa actividade profesional con sentido da responsabilidades social.
  23. Exercer os dereitos e cumprir as obrigas derivadas da súa actividade profesional, consonte o establecido na lexislación vixente, participando activamente na vida económica, social e cultural.

MATRICÚLATE NESTE CICLO PARA O CURSO 2018/2019. FAI CLIC AQUÍ!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.