Existen dous maneiras de realizar o pagamento dos títulos de Formación Profesional:
a) De xeito presencial no centro educativo (explícase no apartado correspondente
b) Realizándoo a través da web de Atriga: https://ovt.atriga.gal/
(indícanse os pasos a seguir no apartado correspondente)
MOI IMPORTANTE
1: En Secretaría deberá quedar constancia do pagamento das taxas para poder xerar o
certificado de estudos correspondente. Por iso, deberase entregar fotocopia do pago das taxas
xunto coa fotocopia do DNI, ou ben, enviarllas ao correo electrónico:
secretaria@fillasdemariainmaculadavigo.org
2: Aos dos días de facer o indicado no punto 1, teredes que ir ao IES Politécnico de Vigo
(rúa Conde de Torrecedeira no 88) a entregar unha copia do pago do título e a fotocopia do
DNI e recoller dito certificado.
Pódese pagar nas seguintes entidades ou a través de banca a distancia: (o prezo das taxas pode
variar cada ano):
Abanca
Banco Caixa Geral
Banco Sabadell
Banco Santander
Bankia
BBVA
Caixabank
Caja Rural Galega
Caja Rural Zamora
Evo Banco
Ibercaja
Targobank
PASOS A SEGUIR:
❖ SOLICITUDE NA SECRETARÍA DO CENTRO:
- Solicitar o papel da AUTOLIQUIDACIÓN da Comunidade Autónoma (cubride a liña
de puntos e os códigos segundo consta na folla fotocopiada) e cubrirllo correctamente :
a. A letra debe SER CLARA E EN MAIÚSCULAS e hai que ACENTUAR
CORRECTAMENTE OS APELIDOS E O NOME. - Asinar o papel da autoliquidación
- Realizar o pagamento no banco.
- Entregar as follas do pagamento e a fotocopia do DNI (hai que presentar orixinal e
fotocopia) na secretaría de Fillas de María Inmaculada.
a. No caso de ter a condición de familia numerosa deberán presentar o libro de familia
ou a tarxeta (ten que estar en vigor) e a súa fotocopia.
TARIFAS DAS TAXAS DOS TÍTULOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL
ANO 2022
TÍTULOS | TARIFA NORMAL | Familia numerosa de categoría xeral | Familia numerosa de categoría especial | Duplicados1 |
TÉCNICO (Grao Medio) | 22.07 € | 11.06 € | 0.00 € | 2.55 € |
TÉCNICO SUPERIOR (Grao superior) | 54.00 € | 27.03 € | 0.00 € | 4.98 € |