Colexio Fillas de María Inmaculada – Vigo

Inicio » CICLO SUPERIOR DE HIXIENE BUCODENTAL

Category Archives: CICLO SUPERIOR DE HIXIENE BUCODENTAL

Hixiene bucodental

Familia: Sanidade
Sistema educativo: LOE
Grao: Superior
Horas: 2000
Código: SSAN09
Código centro:  36010794

Que se aprende a facer?
Promover a saúde bucodental das persoas e da comunidade, mediante o de-senvolvemento de actividades preventivas e técnico-asistenciais que inclúen a ex-ploración, a avaliación, a promoción e a realización de técnicas odontolóxicas en colaboración co/coa odontólgo/a o/a médico/a estomatólogo/a. Como membro dun equipo de saúde bucodental realizará a súa actividade profesional con criterios de calidade, seguridade e optimización de recursos.

Onde se realiza o traballo?
No sector sanitario público e no privado, na área de atención sanitaria e promoción da saúde, formando parte de equipos estruturados de saúde bucodental, de equipos de atención primaria, nas unidades de promoción da saúde, e en consultas ou gabinetes dentais privados. Poden integrarse nun equipo de prevención e atención sanitaria, coordinado por un/unha facultativo/a. Desenvolven funcións de organización e xestión na unidade ou no gabinete dental de traballo, prestan servizos asistenciais e preventivos á comunidade e controlan a súa calidade a través de actividades de vixilancia epidemiolóxica e de educación sanitaria. A súa actividade profesional está sometida a regulación pola Administración competente.

 

En que postos de traballo?
Técnico/a superior en hixiene bucodental. Técnico/a especialista hixienista dental. Hixienista bucodental. Educador/ora en saúde bucodental.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Módulos Horas
Conservadora, periodoncia, cirurxía e implantes 175
Educación para a saúde oral 105
Empresa e iniciativa emprendedora 53
Epidemioloxía en saúde oral 87
Estudo da cavidade oral 213
Exploración da cavidade oral 134
Fisiopatoloxía xeral 213
Formación e orientación laboral 107
Formación en centros de traballo 384
Intervención bucodental 213
Primeiros auxilios 53
Prótese e ortodoncia 157
Proxecto de hixiene bucodental 26
Recepción e loxística na clínica dental 80

Primeiro Curso

Recepción e loxística na clínica dental
Estudo da cavidade oral
Exploración da cavidade oral
Intervención bucodental
Fisiopatología xeral
(FOL) Formación e Orientación Laboral

Que título se obtén?
Técnico superior en hixiene bucocental

Anuncios