Familia: Comercio e márketing
Sistema educativo: LOE
Grao: medio
Horas: 2000
Código: MCOM01
Que se aprende a facer?
Desenvolver actividades de distribución e comercialización de bens e/ou servizos, e en xestionar un pequeno establecemento comercial, aplicando as normas de calidade e seguridade establecidas e respectando a lexislación.
En que ámbitos se traballa?
En calquera sector produtivo dentro da área de comercialización ou nas seccións de establecementos comerciais, realizando actividades de venda de produtos e/ou servizos a través de diversas canles de comercialización, ou ben realizando funcións de organización e xestión do seu propio comercio. Trátase de traballadores e traballadoras por conta propia que xestionan un pequeno comercio ou unha tenda tradicional, ou por conta allea que exercen a súa actividade nos departamentos ou nas seccións de comercialización de calquera empresa ou organización, en diversos subsectores:
-en establecementos comerciais pequenos, medianos ou grandes, traballando por conta allea en diferentes seccións comerciais
-na comercialización de produtos e servizos por conta propia e allea, fóra do establecemento comercial
-no departamento comercial de pequenas e medianas empresas (PME) e empresas industriais
-no departamento de atención á clientela e ás persoas consumidoras e usuarias de organismos públicos
-en empresas industriais e comerciais grandes e medianas
-no sector do comercio polo miúdo.

Que ocupacións desempeñan?
Vendedor/ora; vendedor/ora técnico/a; representante comercial; orientador/ora comercial; promotor/ora; televendedor/ora; vendedor/ora a distancia; teleoperador/ora (en “call centers”); axente de información e atención á clientela; caixeiro/a ou repoñedor/ora; operador/ora de “contact centers”; administrador/ora de contidos en liña; comerciante de tenda; xerente de pequeno comercio; técnico/a en xestión de existencias e almacén; xefe/a de almacén; responsable de recepción de mercadorías; responsable de expedición de mercadorías; técnico/a en loxística de almacéns; técnico/a de información e atención á clientela en empresas.
Cales son os módulos deste ciclo?
Nota: Os módulos en negra están asociados a algunha unidade de competencia.
Que título se obtén?
Técnico en Actividades Comerciais.
MATRICÚLATE NESTE CICLO PARA O CURSO 2018/2019. FAI CLIC AQUÍ!