- Coordinadora do departamento: Ana Mª Martínez
INFORMACIÓN ÁS EMPRESAS:
O alumnado do noso Centro realiza prácticas en empresa (FCT) para complementar a súa formación. O período de prácticas varía segundo o ciclo formativo(CFGM) que curse o alumnado de Formación Profesional Básica.
Para colaborar é necesaria a firma dun convenio de colaboración que regula as condicións en que se realizan as prácticas e o establecemento dun programa formativo que inclúe as tarefas que debe realizar o alumnado durante a súa estancia na empresa.
As empresas interesadas en participar no programa de prácticas de FCT deben solicitalo enviando un correo electrónico, sinalando a actividade da empresa, especialidade pola que optan, dirección, teléfono, fáx e persoa de contacto na seguinte dirección.
……………………………………………………………………………
Unha vez recibidas e valoradas polas diferentes especialidades, os titores de FCT poñeranse en contacto coas empresas solicitantes na medida en que haxa dispoñibilidade de alumnado para a realización de FCT.
FAMILIA PROFESIONAL: COMERCIO E MÁRKETING
CICLO FORMATIVO GRAO MEDIO COMERCIO
FAMILIA PROFESIONAL: TÉXTIL, CONFECCIÓN E PEL
FPB EN ARRANXOS E REPARACIÓNS DE ARTIGOS TÉXTILES E DE PEL
FAMILIA PROFESIONAL: SERVICIOS SOCIOCULTURALES E Á COMUNIDADE
CICLO FORMATIVO DE ATENCIÓN A PERSOAS EN SITUACIÓN DE DEPENDENCIA
FAMILIA PROFESIONAL: SANITARIA
CICLO FORMATIVO SUPERIOR DE HIXIENE BUCODENTAL
No próximo curso 2018/2019…
FAMILIA PROFESIONAL: SERVICIOS SOCIOCULTURALES E Á COMUNIDADE
CICLO FORMATIVO SUPERIOR DE MEDIACIÓN COMUNICATIVA