O taller de costura e arranxos.
Formación Profesional Básica “Arranxos e reparación de artigos téxtiles e de pel”, FPB, Uncategorized

FPB ARRANXOS E REPARACIÓN DE ARTIGOS TÉXTILES E DE PEL

Traballo realizado polo alumnado de FPB.
Traballo realizado polo alumnado de FPB.

Familia: Téxtil, confección e pel
Sistema educativo: LOE
Grao: profesional básico
Horas: 2000
Código: BTCP01

 

 

Que se aprende a facer?
Realizar operacións de arranxo, adaptación e mantemento de pezas de vestir, roupa de fogar e complementos de decoración e de pel, ademais da reparación de calzado e marroquinaría, así como a realización de actividades complementarias de gornicionaría e, de ser o caso, de duplicación de chaves, en comercios de proximidade ou en instalacións industriais, conseguindo produtos en condicións estética e acabados, operando coa calidade indicada requirida, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental correspondentes, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.

O noso alumnado.
O noso alumnado.
En que ámbitos se traballa?
Actividades de xeito autónomo ou por conta allea en pequenas empresas ou talleres artesáns dedicados á reparación de calzado e marroquinaría, así como en talleres de confección e arranxo de pezas de vestir, roupa de fogar, complementos de decoración téxtiles e de pel, ou en pequenas empresas que realicen arranxos neste tipo de artigos tanto a comercios de moda como a clientela final.
Exposición dalgúns dos traballos do noso alumnado.
Exposición dalgúns dos traballos do noso alumnado.

Que ocupacións se desempeñan?
Zapateiro/a reparador/ora de calzado; axudante de reparación de calzado; reparador/ora de artigos de marroquinaría; axudante de marroquinaría; gornecioneiro/a; marroquineiro/a artesanal; costureiro/a á man ou con máquina doméstica; costureiro zurcidor/ora; modista de arranxos e composturas; operario/a de confección; operario/a de modistaría.

Cales son os módulos deste ciclo?

pel textil arranxo

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.